Seguindo as recomendacións das axencias de seguranza cibernetica dos gobernos alemán e francés, nos tamén recomendamos que non se empregue este navegador, por mor das eivas tan importantes que ten en seguranza.

Leemos na [http://es.wikipedia.org/wiki/Internet_Explorer#Seguridad Wikipedia]
:'''''Vulnerabilidades de seguranza'''''
:''Internet Explorer foi obxecto de moitas vulnerabilidades de seguranza e preocupacións: na súa maior parte de spyware, adware, e virus informáticos que se transmiten través de Internet pola explotación dos fallos e defectos na arquitectura de seguranza de Internet Explorer, as veces requiren nada máis que a visualización dunha páxina web maliciosa para instalar eles mesmos o virus.''
:''Unha ampla serie de fallos de seguranza que afectan a IE non se orixinan no navegador en si, seóon nos ActiveX utilizados por éste. Debido a que os engadidos (add-ons) teñen os mesmos privilexios que IE, os defectos poden ser tan críticos como un defecto do navegador. Outros navegadores que utilizan NPAPI como mecanismo de extensibilidade sofren os mesmos problemas.''


==Window$ 7==
É no único S.O. de Micro$oft no que se pode desinstalar (mellor dito, desactivar) o nefasto navegador Internet Explorer.
Seguimos o procedemento indicado por [http://support.microsoft.com/kb/957700/es Micro$oft]

:'''''IMPORTANTE''' aseguremonos de ter xa [[Instalar_Firefox_en_Windows|instalado e configurado o navegafor Firefox]]

Abrimos o menu de inicio e ímos a '''Panel de control'''
[[Imagen:Quita-explorer-1.png|320px|center]]

Agora buscamos: '''Programas''' Desinstalar un programa
[[Imagen:Quita-explorer-2.png|320px|center]]

Á esquerda imos a '''Activar o desactivar las características de Windows'''
[[Imagen:Quita-explorer-3.png|320px|center]]

Buscamos na lista '''Internet Explorer''' e ''des''marcamos a caixiña da esquerda
[[Imagen:Quita-explorer-4.png|320px|center]]

Salenos unha mensaxe de advertencia, prememos en '''Sí'''
[[Imagen:Quita-explorer-5.png|320px|center]]

Agora aparecerá a caixiña de '''Internet Explorer''' desmarcada
[[Imagen:Quita-explorer-6.png|320px|center]]

Indicanos que debemos reiniciar Windows para que se aplique o cambio, prememos en '''Reiniciar ahora'''
[[Imagen:Quita-explorer-7.png|320px|center]]

Internet Explorer debeu desaparecer dos menús de execución e dos de contexto.

De darse o caso de que seguira aparecendo nos menús de contexto, siga as indicacións de: [http://www.archivogeek.com/windows/windows-vista/deshabilitar-el-menu-de-contexto-de-explorer-en-windows-vista/ Desactivar o menu de contexto de Explorer en Windows Vista].


==Windows Vista e anteriores==
Nestes S.O. non se pode desinstalar nin desactivar o nefasto navegador Internet Explorer, polo que teremos que artellar algún subterfuxio para facer que sexa inservible, ou moi pouco eficiente e que así os rapaces non se empeñen en empregalo.

O que imos facer e retiralo dos menús de execución e dos menus contextuais.

:'''''IMPORTANTE''' aseguremonos de ter xa [[Instalar_Firefox_en_Windows|instalado e configurado o navegafor Firefox]]. Poñamos moito enfase en que estea configurado como navegador predefinido.


===Firefox como navegador predefinido===
O navegador predefinido abrese automáticamente ao premer nun URL nun aplicativo de correo (como Thunderbird ou Outlook), un acceso directo a Internet ou un ficheiro HTML. Imos ver como facer que Firefox sexa o navegador predeterminado.

#Abrir Firefox.
#Na parte superior da xanela de Firefox, na barra de menú, prememos no menú '''Ferramentas''' e no despregable en '''Opcións...'''
#Selecciona o panel '''Opcións avanzadas''' e no separador '''Xeral''', prememos no botón '''Verificar agora'''
[[Imagen:Ff-predefinido-1.png|320px|center]]

Se fixemos todo ben duranre a instalación, deberá saírnos esta mensaxe:
[[Imagen:Ff-predefinido-2.png|320px|center]]

Prememos en '''Aceptar''' e saímos.

Porén, se sae estoutra mensaxe, premeremos en '''Si''', para converter Firefox no navegador predeterminado.
[[Imagen:Ff-predefinido-3.png|320px|center]]

e saímos.

===Modificar o menú e os menús contextuais===
Como primeiro paso, eliminamos todas as iconas que teñamos visibles de '''Internet Explorer'''.

Normalmente ao premer co botón dereito enriba xa nos ofrece algunha opción como '''Eliminar''', '''Desancorar...''' etc...

[[Imagen:IE-desancorar.png|center]]

Captura do manual de MicroSoft

[[Imagen:Manual-win-quita-icona.png|320px|center]]


===Facelo inoperante cun «control paterno»===
Nos casos en que non é posible desinstalalo/desactivalo, podemos facer que non dispoña de ningún acceso, co que os rapaces deixarán de tentar empregalo para «saltarse» as restricións que poida ter no Firefox. Para elo instalamos a (p.ex.) [[Windows_─_Instalar_e_configurar_«Parental_Control_Bar»|Parental Control Bar]] configurándoa co máximo de restricións.

<!-- Categoría: -->
[[Categoría:As redes sociais e a seguranza persoal ─ Ferramentas de control paterno]]

--[[Usuario:Miguelbf|miguelbf]] 09:15 30 ago 2010 (UTC)
